Biographie, Dossier, Journal

jueves, 2 de enero de 2014

TÂCHES


  Neste ano imos traballar, como xa dixen na publicación anterior, co CECRL a través das tâches ,tarefas, xa que as aconsella para traballar as competencias que os nenos deben acadar ó longo do curso. Nesta publicación xunto os comentarios de todas as tarefas que fun realizando porque, aínda que non é unha unidade didáctica, penso que así pódevos axudar a velas nunha globalidade.

  O nivel de lingua que corresponde para a Educación Infantil é de A1.1. Trátase dunha iniciación e unha aproximación á lingua estranxeira, polo que as tarefas son moi sinxeliñas pero non por iso menos importantes, xa que é nesta etapa cando os cativos teñen maior flexibilidade para aprender linguas novas. Por suposto, é importantísimo que adaptemos o noso vocabulario ó nivel dos nenos e que utilicemos unha metodoloxía, para o meu ver, case de inmersión lingüística, sempre centrada nos nenos para facilitarlles un aprendizaxe significativo.

  Antes de proseguir quería explicar que falarei en feminino xa que somos a maioría rapazas na clase. Ben, o mestre comentounos que imos ser nós mesmas as que avaliemos as tarefas das compañeiras, penso que vai ser moi difícil que non haxa problemas á hora de ver os resultados, ou sexa, as notas, aínda que o mestre facilítanos unha rúbrica de avaliación, tanto de autoavaliación como de avaliación das tarefas, para guiarnos á hora de facer unha avaliación xusta.




  As dúas primeiras tarefas son de planificación, xa que temos que escoller uns obxectivos, uns contidos e unhas capacidades que teremos que traballar nas tarefas seguintes. Tamén fixemos unha descrición da nosa hipotética clase para poder adaptar mellor as nosas tarefas, xa que fixemos unha simulación do que podería ser unha avaliación inicial dos nenos e das súas familias. Facer unha avaliación inicial paréceme moi importante, posto que como mestras temos que saber as características do noso alumnado para facer as adaptacións necesarias ás súas necesidades, e tamén para ter un primeiro contacto coas familias. Na tarefa dous, escollín obxectivos de diferentes áreas porque considero que é beneficioso para o proceso de aprendizaxe dos nenos aprender  unha lingua estranxeira a través do coñecemento do seu corpo, xa que é o que teñen máis próximo a eles e o que coñecen mellor.

  Comezamos có serio. Nas horas A e C o mestre explícanos cómo elaborar as nosas tâches. Temos que crear 4 tarefas nas que traballar as 5 capacidades que recolle o CECRL do nivel A1.1, que son: écouter, parler, discuter, lire e écrire. Traballaremos estas capacidades mediante actividades de comprensión oral e escrita, e actividades de produción oral e escrita.

  O mestre deunos varios exemplos de actividades e recursos para que nos fixeramos unha idea do que podemos facer, por exemplo, para as actividades de comprensión ensinounos uns vídeos dos debuxos animados “TRO-TRO”, e tamén fixo un exemplo de canción para a actividade de produción oral.


  Para a realización das actividades temos que ter en conta os coñecementos previos que teñen os nenos e as súas experiencias, e por suposto adaptalas ó seu nivel.
  Eu escollín para traballar a comprensión oral un vídeo de internet das partes do corpo que adaptei, pero temos que ter coidado co material de internet, xa que non todos serven, a velocidade da pronuncia dos enunciados, as pausas e o nivel de dificultade do contido do vídeo son moi importantes para que o alumnado os comprenda. Tamén é interesante que realicemos unha actividade de pré-écoute para introducir ó noso alumnado á actividade de comprensión oral. Como actividade de comprensión escrita utilicei unhas imaxes dos debuxos animados de Dora a Exploradora, xa que aínda non saben ler e aproveitando que son os favoritos da miña clase. Penso que para traballar a comprensión escrita os símbolos ou imaxes axudan ós nenos a comprender mellor, pero teñen que ser claros para non confundilos.

  Nas seguintes clases seguimos vendo prezis onde o mestre explícanos con detalle cómo elaborar as nosas tarefas de produción oral e escrita. Facilítanos algúns recursos para elaborar as actividades, xa que crear os teus propios materiais facilita a adaptación ás necesidades e ó nivel do alumnado.

  Como actividade de produción oral pareceume divertido que os nenos coñecesen un xogo de mans cunha canción faciliña en francés, penso que o nivel está adaptado e que non lle suporá maior complicación. Coma sempre a mestra deberá axudarlles na pronuncia e tamén nas dificultades que atopen os nenos. Coa actividade de produción escrita tiven algunhas dúbidas á hora de escoller cál podería ser á máis adecuada, pero ó final decanteime por unha actividade de unir puntos e de realización dun debuxo. Con isto pretendo que os cativos comecen a controlar a motricidade fina, para que nun futuro poidan realizar os trazos das letras perfectamente.


  A última tâche subireina noutra publicación, xa que trátase dunha actividade de avaliación e gustaríame presentarvos algúns dos recursos que vimos na clase para avaliar os traballos dos nosos nenos e nenas e que podades escoller o que mellor se compaxine coa vosa metodoloxía.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario