OUTILS D'ÉVALUATION
Neste curso a ferramenta que empregamos para avaliar as tarefas das nosas
compañeiras foi a Rúbrica. É un recurso moi doado de aplicar xa que veñen
expresados os criterios de avaliación relacionados cuns obxectivos específicos.
Avalíase en función duns niveis de concreción, que poden vir especificados por
números, ouse queremos que o alumnado se autoavalíe ou que avalíe a un
compañeiro ou compañeira poderíamos poñer nos niveis de concreción unha cara sorinte
e outra triste para facilitarlle o traballo.
Déixovos un enlace de internet onde podedes crear as vosas rúbricas
gratuitamente: http://rubistar.4teachers.org/index.php
Nas miñas tarefas tamén utilicei unhas
listas de rexistro ou listas de control, que son unha serie de frases que
expresan condutas positivas e que como observadora sinalarei a súa presenza o
ausencia. Exemplo:
-
É capaz
de realizar….
Esas listas de control son unha axuda na
observación directa, tamén podemos empregar as escalas cualitativas con baremos
que poden ser: Nunca/ Ás veces/ Sempre.
Outra ferramenta de avaliación interesante
para esta etapa é o sociograma. Utilízase có obxectivo de ter datos sobre as relacións sociais
dos nosos alumnos e alumnas, isto axúdanos a detectar problemas entre
compañeiros.
É importante que, en calquera da nosa elección
de ferramenta para levar a cabo a avaliación, empreguemos frases claras e
positivas e que as revisemos dunha forma constante para axustalas ó noso alumnado e ós obxectivos
a acadar.


