Biographie, Dossier, Journal

viernes, 10 de enero de 2014




APPRENTISSAGE DES LANGUES. situations d'enseignement



No prezi que nos mostrou o mestre na clase, Apprentissage des langues, vimos que un dos factores a ter en conta nos primeiros achegamentos ó noso alumnado é a súa lingua inicial, xa que é fundamental para podernos comunicar cós nenos e nenas da nosa aula. 


Vimos que a lingua inicial é a adquirida por un neno nos primeiros anos do seu desenvolvemento, polo que adquirirá a lingua do seu entorno inmediato. Faino dunha forma inconsciente e non intencionada, e transmítenlla tanto os pais e familia como as mestras e mestres destes primeiros anos. Esta lingua inicial chámase tamén lingua materna, lingua inicial ou lingua nativa.





Chamoume a atención que o termo de lingua materna fose confuso, xa que eu pensaba que lingua materna era precisamente a lingua inicial. Pois ben, grazas ó artigo de Enrique Bernárdez, ¿Qué son las lenguas?, puiden descubrir porqué pensamos o que pensamos sobre este termo.


Trátase dunha serie de mitos e prexuízos que temos sobre o que é a lingua materna, e son:

-          A lingua materna é a lingua da nai.
-          A lingua materna nunca se esquece.
-          A lingua materna só pode ser unha.
-          A lingua materna é a que mellor se fala.
-          Os pais sempre ensinan ós seus fillos a súa propia lingua materna.

Penso que moitas de nós tiñamos como certos algúns destes mitos, pero a verdade é que é preferible falar de lingua inicial ou primeira que de lingua materna, xa que este termo sempre vai ligado ó termo nai, e non sempre é a lingua da nai a que primeiro se aprende. De feito, os nenos que teñen un pai e unha nai que falan unha lingua cada un, poden adquirir de forma natural as dúas, e as dúas serán linguas iniciais ou primeiras.

Non ten porqué ser a lingua primeira a que mellor se domina, xa que se non se usa de forma prolongada ou habitualmente pode que se perda gran parte da competencia nesa lingua, favorecendo a lingua segunda de maior uso. Polo que, si podemos esquecer a nosa lingua primeira, aínda que con esforzo e dedicación poderemos recuperar gran parte do seu dominio. Tamén entra en xogo o factor de transmisión da lingua primeira dos pais, xa que non sempre ocorre así. É o caso do galego, nun tempo foi unha lingua minusvalorada e perseguida, polo que moitos pais e nais preferiron ensinar e falarlle ós seus fillos en castelán, perdéndose así a súa propia lingua.


Despois da lingua inicial, pero non por iso menos importante, está a lingua segunda. Os nenos adquiren esta lingua xa dunha maneira intencionada, asimílase na escola e poden adquirir un millar de linguas segundas. Pero non confundamos estas dúas linguas coa lingua estranxeira, xa que esta adquírese unicamente na escola e require consciencia de que se está aprendendo. Todas estas linguas fan que o neno teña un repertorio lingüístico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario