Biographie, Dossier, Journal

viernes, 10 de enero de 2014



OUTILS D'ÉVALUATION   


    Neste curso a ferramenta que empregamos para avaliar as tarefas das nosas compañeiras foi a Rúbrica. É un recurso moi doado de aplicar xa que veñen expresados os criterios de avaliación relacionados cuns obxectivos específicos. Avalíase en función duns niveis de concreción, que poden vir especificados por números, ouse queremos que o alumnado se autoavalíe ou que avalíe a un compañeiro ou compañeira poderíamos poñer nos niveis de concreción unha cara sorinte e outra triste para facilitarlle o traballo. 









Déixovos un enlace de internet onde podedes crear as vosas rúbricas gratuitamente: http://rubistar.4teachers.org/index.php


    Nas miñas tarefas tamén utilicei unhas listas de rexistro ou listas de control, que son unha serie de frases que expresan condutas positivas e que como observadora sinalarei a súa presenza o ausencia. Exemplo:

-          É capaz de realizar….



   Esas listas de control son unha axuda na observación directa, tamén podemos empregar as escalas cualitativas con baremos que poden ser: Nunca/ Ás veces/ Sempre.  





   Outra ferramenta de avaliación interesante para esta etapa é o sociograma. Utilízase có obxectivo de ter datos sobre as relacións sociais dos nosos alumnos e alumnas, isto axúdanos a detectar problemas entre compañeiros.



    É importante que, en calquera da nosa elección de ferramenta para levar a cabo a avaliación, empreguemos frases claras e positivas e que as revisemos dunha forma constante  para axustalas ó noso alumnado e ós obxectivos a acadar.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario