L'ÉVALUATION
Unha
parte importantísima do noso traballo como mestras é a avaliación. Temos que
ter claro uns aspectos clave para levar a cabo unha avaliación que sexa xusta e
que nos permita a adaptación da nosa programación ás necesidades e ós intereses
do noso alumnado.
A
avaliación permite que haxa varios suxeitos á hora de avaliar, por exemplo que
sexan os propios alumnos e alumnas os que se avalíen ou que sexa a mestra quen
os avalíe. Estamos falando da auto-évaluation,
da co-évaluation e da hétéro-évaluation.
Pode
ser interesante que intercambiemos estes sistemas de avaliación coa nosa propia,
así poderemos ter outros puntos de vista. Cando son eles mesmos os que se
avalían, ou os que avalían a un compañeiro ou compañeira, temos que precisarlles
ben os criterios de avaliación e a ferramenta que van a utilizar para esa
avaliación.
É moi
interesante levar a cabo este tipo de avaliación, xa que axúdalle ó alumnado a
desenvolver un espírito crítico, a identificar os aspectos a mellorar e a
verificar os seus aprendizaxes. Tamén se desenvolve a responsabilidade e
aprenden a ser honestos. Digo “aprender a ser honestos” porque neste tipo de
avaliacións pode darse o caso dunha avaliación inxusta, posto que algúns
alumnos poden cualificar de diferente maneira segundo sexan os seus amigos ou
non. Por iso tanto a autoavaliación como a coavalición requiren un proceso de
aprendizaxe.
Para levar
a cabo unha boa avaliación durante o curso, deberiamos facer unha avaliación
inicial que nos axuda a orientar a nosa programación ás necesidades do alumnado
e a achegarnos a eles. Esta avaliación inicial pode ser individual, por
entrevista cos pais, ou en grupo, pero non ten cualificación é simplemente para
orientar ó noso traballo na aula.
Para saber
como van evolucionando os nosos alumnos e alumnas é aconsellable levar a cabo
unha recolleita de información durante e despois dos aprendizaxes, así obteremos información sobre o progreso dos
mesmos e poderemos avaliar a adquisición das competencias.
Existen
moitos tipos de avaliación, pero penso que para a etapa de Educación Infantil a
avaliación continua baseada na observación directa da tarefa é a máis axeitada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario