Biographie, Dossier, Journal

viernes, 29 de noviembre de 2013

TÂCHE 4: AIDER À PRODUIRE

ACTIVIDADE DE PRODUCIÓN ORAL



    Esta actividade consiste nun xogo de mans no que o alumnado deberá estar por parellas. Para que os nenos e nenas saiban cómo se xoga proxectarase un vídeo. A mestra comezará por presentar o contido do vídeo e, o finalizar o visionado, reproducirá o xogo de palmas e a repetirá a canción para que o alumnado a imite. Ó principio, farao moi lentamente para que os nenos e nenas poidan memorizar os movementos e a canción, pero irao complicando ata que sigan o ritmo e realicen ben o xogo de palmas.





    Para a explicación, o alumnado sentarase en semicírculo para que poidan observar o vídeo e a mestra contaralle ós nenos e nenas as indicación para realizar a actividade:

-          - Bonjour! Aujourd’hui nous allons jouer avec notre mains. Nous allons faire un tour de passe-pasee. Nous allons voir atentivament le video.

   Para que o alumnado vaia memorizando os movementos e a canción, o vídeo repetirase dúas veces antes de que a mestra comece a ensinar o xogo de mans.

   Unha vez realizado o visionado, a mestra comezará a ensinar cómo é a canción e o que teñen que  facer coas mans.

-          - Maintenant, vous avez á imiter les mouvements de mes mains.
-          - Très bien! Maintenant répétez avec moi:

C’est la poulette
Qui mange la galette
Elle en a tant mangé
Qu’elle s’est étouffée.


   O tempo estimado para o visionado e para a realización da actividade é de 15 minutos. O material utilizado nesta actividade é o vídeo, o cal está realizado por min, e un proxector.





ACTIVIDADE DE PRODUCIÓN ESCRITA


   Esta actividade está pensada para levala a cabo a última semana do curso, xa que os nenos e nenas deberán elaborar un debuxo do que lle gustaría repetir das vacación de verán do ano pasado. Imprimirase a folla, onde realizarán o debuxo, ca inicial da palabra “Vacances” en trazo de puntos que terán que unir. Con isto comezarán a controlar a súa motricidade fina para reproducir as letras e, ademais, co debuxo poderán contarnos esa experiencia de verán que lles gustaría repetir tamén este ano.

   Como preactividade, na asemblea, a mestra contaralle ós nenos e nenas as indicación para realizar a actividade:

-          - Bonjour! Aujourd’hui nous allons faire un dessin des vacances d’été derniers que vous voudriez repeter cette année. Vous pouvez reppelez quelque jour d’ètè?

   Unha vez que o alumnado recorde unha experiencia do verán pasado que lle gustaría repetir, a mestra seguirá coas indicacións:

-          - Maintenant, nous allons unir les points de la lettre V. Qelle est la lettre V?
Despois de que os nenos reconozan a letra V poderán comezar a elaborar o seu debuxo.



   O tempo estimado para a realización da actividade é de 30 min, pero dependerá do tempo que os nenos e nenas necesiten para o recoñecemento la letra V, e o tempo para que realicen o debuxo. O material para a actividade está modificado, pero a imaxe saqueina de internet.


http://es.slideshare.net/carlagr93/vacances-28744436




Reflexións:

Comment t'es-tu organisée pour realiser cette tàche?


  Primeiramente fixen unha chuvia de ideas para escoller as actividades segundo as capacidades que elexín. Falei coas miñas compañeiras para contrastar ideas y asegurarme de cómo había que facer a tarefa.

As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?

   Resultoume máis doado facer esta tarefa, xa que é parecida á anterior e xa controlo o programa que era o maior problema.

Qu'est-ce que tu appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu'est ce que tu appris d'autre?

Con esta tarefa traballei as tic nas que non teño moita costume e axudoume para un maior coñecemento sobre o programa no que traballei.

Que est ton avis général sur la tâche?

Penso que esta tarefa foi moi útil á hora da aproximación, tamén para nós como mestras, á elaboración de actividades nunha lingua estranxeira.












jueves, 14 de noviembre de 2013

TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE

ACTIVIDADE DE COMPRENSIÓN ORAL

Aproveitando que o alumnado xa coñece o esquema corporal, neste vídeo traballaranse as partes do corpo. Antes de proxectar o vídeo na pantalla dixital a mestra pedirá un voluntario ou voluntaria para que sinale, no seu corpo, as partes do corpo básicas como os brazos, as pernas, a cabeza etc. Esto servirá como introdución da mestra para contarlle ó seu alumnado o contido do vídeo.




Durante o vídeo o alumnado terá que ir repetindo o que di a nena e sinalando as partes do corpo que aparece na pantalla. Con isto preténdese que vaian asociando a parte do corpo coa palabra correspondente en francés.

Como actividade de avaliación repartirase unha fotocopia na que aparece un neno incompleto, xa que o alumnado terá que unir mediante un fío de lá o corpo do neno ás partes que lle faltan. A mestra repartirá o corpo do neno, e por separado os brazos, as pernas e tamén incluirá outras partes do corpo non mencionadas no vídeo; despois collerá a imaxe dunha parte do corpo e preguntaralle ós nenos e nenas se se corresponde ca palabra que ela di. O alumnado que vaia acertando irá conseguindo as partes do corpo que lle faltan para completar ó neno da imaxe.

  • C’est  image est une jambe ou c’est une oreille?
  • C’est  image est un bras ou c’est une jambe?
  • C’est image est une main ou c’est une tête?
  • C’est image est une tète ou c’est un bras?




O tempo estimado para o visionado e para a realización da actividade é de entre 20 e 30 minutos.O material utilizado nesta actividade é o vídeo, o cal saquei de youtube e ó que cortei e incorporei unha introdución realizada por min, e a imaxe do neno, tesoiras, proxector,pantalla dixital e un nobelo de lá.
O link de onde saquei o vídeo é: http://www.youtube.com/watch?v=fho0yuJ4Fag




ACTIVIDADE DE COMPRENSIÓN ESCRITA

A actividade consiste nunha serie de bits de imaxes nas que aparece o debuxo animado favorito do alumnado, Dora a Exploradora, nas que se indican uns movementos, tales como saltar, subir os brazos, dar unha palmada e abrazarse. A mestra pasará as imaxes e o alumnado deberá representar o mesmo movemento que realiza Dora. 




Actividade de avaliación.

Unha vez que os nenos e nenas entenderan e realizaran ben os movementos das imaxes de Dora, a mestra collerá os bits e formará unha coreografía na que os movementos do debuxo animado serán os pasos. O nenos ou nenaa que fagan ben todos os pasos gañarán o posto de mestra e poderán elaborar a súa coreagrafía cos bits de Dora. A mestra avaliará mediante a observación pero tamén axudaralle o neno ou nena que estea, nese momento, no posto de mestre, observando tamén ós seus compañeiros e compañeiras asegurándose de que a execución dos pasos é correcta. A mestra recollerá unha serie de ítems para a observación:

  • Interpreta ben a imaxe
  • Realiza correctamente o movemento
  • Axuda ó compañeiro ou á compañeira
  • Consegue seguir a coreografía
  • Consegue seguir a coreografía ata a 3º imaxe
  • Consegue seguir a coreografía ata a 2º imaxe



Reflexións.

Comment t'es-tu organisée pour realiser cette tàche?

Compartín a idea que tiña das actividades coas miñas compañeiras xa que non tiña moi claro cómo aleaboralas. Lin o prezi no que aparecían diferentes consellos de cómo debería ser un vídeo adecuado para o alumnado de infantil e comecei a buscar e escoller material media en internet.

As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?


Atopei varias dificultades, de feito pareceume a tarefa máis complexa que fixemos ata agora, unha delas foi que non sabía cómo elaborar unhas actividades que fosen adecuadas para o alumnado de infantil e que á vez o introduciran na lingua estranxeira. Tamén tiven dificultades na elaboración do vídeo xa que non controlaba ben o programa.

Qu'est-ce que tu appris avec cette tâche par rapport aun compétences indiquées ci-dessus? Qu'est ce que tu appris d'autre?

Con esta tarefa traballei as tic nas que non teño moita costume e axudoume para coñecer programas novos que poderei utilizar nun futuro como mestra.

Que est ton avis général sur la tâche?

Penso que esta tarefa foi moi útil á hora da aproximación, tamén para nós como mestras, á elaboración de actividades nunha lingua estranxeira, xa que nunca o fixen.