ACTIVIDADE DE COMPRENSIÓN ORAL
Aproveitando que o alumnado xa coñece o esquema
corporal, neste vídeo traballaranse as partes do corpo. Antes de proxectar o vídeo
na pantalla dixital a mestra pedirá un voluntario ou voluntaria para que
sinale, no seu corpo, as partes do corpo básicas como os brazos, as pernas, a cabeza
etc. Esto servirá como introdución da mestra para contarlle ó seu alumnado o
contido do vídeo.
Durante o vídeo o
alumnado terá que ir repetindo o que di a nena e sinalando as partes do corpo
que aparece na pantalla. Con isto preténdese que vaian asociando a parte do
corpo coa palabra correspondente en francés.
Como actividade
de avaliación repartirase unha fotocopia na que aparece un neno incompleto, xa
que o alumnado terá que unir mediante un fío de lá o corpo do neno ás partes
que lle faltan. A mestra repartirá o corpo do neno, e por separado os brazos,
as pernas e tamén incluirá outras partes do corpo non mencionadas no vídeo; despois
collerá a imaxe dunha parte do corpo e preguntaralle ós nenos e nenas se se
corresponde ca palabra que ela di. O alumnado que vaia acertando irá
conseguindo as partes do corpo que lle faltan para completar ó neno da imaxe.
- C’est image est une jambe ou c’est une oreille?
- C’est image est un bras ou c’est une jambe?
- C’est image est une main ou c’est une tête?
- C’est image est une tète ou c’est un bras?
O tempo estimado
para o visionado e para a realización da actividade é de entre 20 e 30 minutos.O
material utilizado nesta actividade é o vídeo, o cal saquei de youtube e ó que cortei
e incorporei unha introdución realizada por min, e a imaxe do neno, tesoiras,
proxector,pantalla dixital e un nobelo de lá.
O link de onde saquei o vídeo é: http://www.youtube.com/watch?v=fho0yuJ4Fag
ACTIVIDADE DE COMPRENSIÓN ESCRITA
A actividade consiste nunha serie de bits de imaxes nas que aparece o debuxo animado favorito do alumnado, Dora a Exploradora, nas que se indican uns movementos, tales como saltar, subir os brazos, dar unha palmada e abrazarse. A mestra pasará as imaxes e o alumnado deberá representar o mesmo movemento que realiza Dora.
Actividade de avaliación.
Unha vez que os nenos e nenas entenderan e realizaran ben os movementos das imaxes de Dora, a mestra collerá os bits e formará unha coreografía na que os movementos do debuxo animado serán os pasos. O nenos ou nenaa que fagan ben todos os pasos gañarán o posto de mestra e poderán elaborar a súa coreagrafía cos bits de Dora. A mestra avaliará mediante a observación pero tamén axudaralle o neno ou nena que estea, nese momento, no posto de mestre, observando tamén ós seus compañeiros e compañeiras asegurándose de que a execución dos pasos é correcta. A mestra recollerá unha serie de ítems para a observación:
- Interpreta ben a imaxe
- Realiza correctamente o movemento
- Axuda ó compañeiro ou á compañeira
- Consegue seguir a coreografía
- Consegue seguir a coreografía ata a 3º imaxe
- Consegue seguir a coreografía ata a 2º imaxe
O tempo estimado para a actividade é de entre 15 e 25 minutos. O material é de elaboración propia, aínda que as imaxes son sacadas de internet.
Links:
Links:
- https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgutfEsPR9llTSaEB3jGCF7hKZ3h8BU84lsgEfgLK7VFmTNyV-zD4Zn79xrZ6VoHZVXXf9tdG5T7plHQMvuUtnL1L0o1eFCp-LE67ZL6WlWLEZGAVYqwNtPgaS0FtxkZ_bLHtiUv0AiW2Q/s640/Dora+la+Exploradora+para+Imprimir+-+Www.10Pixeles.Com+(9).jpg
- http://www.entrechiquitines.com/wp-content/uploads/yapb_cache/dora_exploradora.68u7kqi6xv4sw4wo0osk4ks8o.bc67xig3hwgk4kog4so80ssks.th.jpeg
- http://imagenesdedibujosanimados.com/wp-content/uploads/2013/02/dora-la_exploradora.jpg
- http://santiblog.com/wp-content/uploads/2011/04/dora_N1.jpg
Reflexións.
Comment t'es-tu organisée pour realiser cette tàche?
Compartín a idea que tiña das actividades coas miñas compañeiras xa que non tiña moi claro cómo aleaboralas. Lin o prezi no que aparecían diferentes consellos de cómo debería ser un vídeo adecuado para o alumnado de infantil e comecei a buscar e escoller material media en internet.
As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?
Compartín a idea que tiña das actividades coas miñas compañeiras xa que non tiña moi claro cómo aleaboralas. Lin o prezi no que aparecían diferentes consellos de cómo debería ser un vídeo adecuado para o alumnado de infantil e comecei a buscar e escoller material media en internet.
As-tu éprouvé des difficultés? Les quelles?
Atopei varias dificultades, de feito pareceume a tarefa máis complexa que fixemos ata agora, unha delas foi que non sabía cómo elaborar unhas actividades que fosen adecuadas para o alumnado de infantil e que á vez o introduciran na lingua estranxeira. Tamén tiven dificultades na elaboración do vídeo xa que non controlaba ben o programa.
Qu'est-ce que tu appris avec cette tâche par rapport aun compétences indiquées ci-dessus? Qu'est ce que tu appris d'autre?
Con esta tarefa traballei as tic nas que non teño moita costume e axudoume para coñecer programas novos que poderei utilizar nun futuro como mestra.
Que est ton avis général sur la tâche?
Penso que esta tarefa foi moi útil á hora da aproximación, tamén para nós como mestras, á elaboración de actividades nunha lingua estranxeira, xa que nunca o fixen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario